All posts by Prueba Prueba

Desexo concedido

Este inverno, a Santiago de Compostela, literalmente, só tes que pedircha. Pode ser, este Nadal, o teu gran desexo concedido. Hoxe coemza o concurso “Desexo concedido” de Turismo de Santiago, que repartirá 20 premios por un total de 6.000 euros aos concursantes que respondan con máis creatividade á pregunta: “Santiago de Compostela, cál é o … Continue reading Desexo concedido

Read More

Nova imaxe

Turismo de Santiago de Compostela estrea unha nova imaxe, xurgida dun concurso de deseño convocado para renovar o logotipo da empresa municipal de turismo. A empresa compostelá Estudio De Cajón impúxose ás demais con esta proposta, que privilexia o uso do topónimo ‘Santiago de Compostela’ e o presenta coa tipografía de imprenta antiga que os … Continue reading Nova imaxe

Read More

Refuxio

Santiago é a capital das chuvias. As estatísticas falan dunha media de 1.800 litros por metro cadrado nuns 142 días de precipitacións anuais. Baixo ese orballo, a pátina do brión ennobrece o granito, verde continuidade dos parques e os montes circundantes. Pero lonxe de ser un obstáculo, nesta cidade ‘a chuvia é arte’. Santiago é … Continue reading Refuxio

Read More

Noites de chuvia

Comezaron en outubro as moites de chuvia que nos escatimou setembro. A auga mansa cae cara a medianoite, lenta baixo a luz dourada das farolas, deixando os empedrados como espellos escuros para o soño. Foto: Anxo Iglesias.

Read More

Verde infinito

Alongouse o verán para alegría dos habitantes dos parques, as terrazas e as rúas de Compostela. Facendo caso omiso ao equinoccio, ninguén abandona o seu banco baixo o palomar, a súa merenda vixiada por estatuas, a súa ruta acompañada de carballos. A chivoa chegará tarde este outono, e seguiremos sentándonos na pedra para que a … Continue reading Verde infinito

Read More