– Prolongar as grandes comidas de decembro -esta vez coa boa escusa de combater o frío- e entregarse ao caldo galego, ao marisco, aos guisos de tenreira e a todos os pratos de culler, como o cocido pre-Antroido.
– Empezar a cumprir os bos propósitos de Aninovo de aprender idiomas e facer exercicio sumándose ao ‘Café de idiomas‘ na Biblioteca Pública e visitando a pista de xeo na Alameda.
– Escapar de calquera día de chuvia coas interesantes visitas guiadas pola Catedral ou a Cidade da Cultura de Galicia.
– Admirar as camelias e, moi pronto, os rododendros en flor.
– Mercar o bono do Teatro Galego, para asistir ás funcións deste programa a un prezo inmellorable.
– Percorrer as grandes exposicións sobre o patrimonio compostelán e galego que coinciden este mes nos museos, como ‘Rúas de Compostela. De onte a hoxe’, ‘Santiago-Kumano, rutas de peregrinación Patrimonio dla Humanidade‘ oo ‘Os milagres do Apóstolo Santiago’.
– Quentarse o corazón coas sinfonías de Haydn e Schumann ou con concertos como o de Cass McCombs no ciclo ‘Intimo & Acústico’.
– Aproveitar as rebaixas para surtir o fondo de armario coas grandes marcas da moda galega, complementos e roupa de chuvia.